Ruta: subida a San Mamede desde Rebordechao
Subida a San Mamede
Unha camiñada de 9,2 km lineal para remontar uns 800 m de desnivel, tres horas longas de subida e dúas horas e media de baixada polo mesmo camiño -tárdase menos na baixada porque costa abaixo todo axuda-.
Para subir ao San Mamede hai unha multitude de accesos e posibilidades, case todos aptos para vehículos todoterreo e bicicleta de montaña, porque no cume coinciden os concellos de Vilar do Barrio, Maceda e Montederramo e, na fonte do Santo, atópase a capela de san Mamede na que se celebra unha romería na segunda semana do mes de agosto. Pódese subir desde Rebordechao, Arnuide, Castro de Escuadro, Montederramo, Chandrexa… aínda que o sitio polo que a distancia é máis curta é desde Rebordechao.