Ruta: Unha visita aos Ancares: Etnografía
Os Ancares de interese etnográfico: Piornedo, Donís, Balouta...
Falar dos Ancares é falar de montaña na Galiza, por elevación, illamento e riqueza natural e etnográfica; e calquera destes aspectos pode servir de motivación para achegarse a eles: para coñecer as súas poboacións, as súas características e as súas circunstancias; para achegarse ou percorrer os seus cumes e gozar da maxestuosidade das súa formas e a grandiosidade das súas paisaxes; para ver de preto as formacións botánicas que acolle (fragas e devesas, matogueiras, prados de montaña)...