Ruta: Tres Bispos-Pena Rubia-Cabana Vella
De Tres Bispos a Pena Rubia
Precísase un bo día e gañas de camiñar para enfrontarse aos case trinta quilómetros que compoñen unha das rutas máis completas dos Ancares galegos; a ruta que saíndo do Albergue dos Ancares sobe a Tres Bispos e logo dun contínuo sobe-baixa polos cumes chega á Pena Rubia, para, despois de retroceder uns quilómetros, baixar ao Brego antes de introducirse na Fraga da Cabana Vella e volver ao punto de partida. No camiño podemos gozar de amplar panorámicas da serra dos Ancares e os vales dunha e outra banda (Galicia e León), as pegadas do glaciarismo e lagoas estacionais, a vexetación da montaña, bosques de acivros monumentais, carballeiras con exemplares senlleiros, vellos bidueiros e pradairos e algúns teixos e, se hai sorte, algúns animais.