Ruta: Penedo das Fatigas e Raíña Loba
Montes do Cebreiro e da serra de Gomariz
O Penedo das Fatigas é unha formación rochosa, granítica, creada por séculos de exposición a auga e ao vento que se atopa preto do cume dos montes do Cebreiro, un pequeno grupo de montes situados na confluencia dos concellos de Os Blancos, Baltar e Calvos de Randín, ao sur da Limia. Nesta ruta podemos ver tamén outras formacións rochosas curiosas, o foxo do lobo do Cebreiro, ou achegarnos aos penedos da Raíña Loba.