Ruta costa de Cee
Un percorrido polo litoral do concello de Cee
O litoral de Cee ten tres partes diferenciadas e separadas, dúas protexidas na ría de Corcubión e no seo de Fisterra, e outra exposta na costa da Morte. Propoñemos un percorrido en coche combinado con algunha camiñada para coñecer os puntos máis interesantes e accesibles.