Ruta Costa de Cedeira
Un percorrido pola costa do concello de Cedeira
O concello de Cedeira ten dous tramos de costa de características opostas, un recollido dentro da ría, baixo e abrigado con esteiros e longos areais, e outro, no exterior, exposto e recortado e con abruptos cantís que acadan a máxima altura na Vixía Herbeira.
É unha costa dun enorme valor biolóxico (acolle hábitats e especies únicas), paisaxístico (con numerosos puntos panorámicos) e xeolóxico (estrututas, rochas e minerais pouco comúns...).