Ruta: faros da Mariña
Faros da costa da Mariña de Lugo
Esta ruta de 100 km, pequenas pateadas aparte, permitenos un achegamento e recoñecemento a unha parte da costa galega de características propias na que os materiais que a conforman e a súa orientación contribuíron á creación de formas únicas, entre as que destaca o espazo das Catedrais, protexido como LIC e declarado Monumento Natural. A ruta percorre a costa da Mariña de Lugo e pódese comezar desde Ribadeo ou desde O Vicedo. Compre un día completo para gozar da paisaxe, facer pequenas paradas e camiñar un pouco.