Ruta: faros da Costa da Morte
Faros da Costa da Mortte (A Coruña)
O tramo de costa sobre o que se asentan (protexido como “LIC Costa da Morte”), pola súa posición prominente e a súa situación á beira dunha das rutas de navegación máis transitadas do mundo, é lugar de paso obrigado para incontables embarcacións de todo tipo. Unha viaxe de Fisterra a Malpica, ou viceversa, uns 200 quilómetros de coche, co complemento de varias camiñadas, permítenos un achegamento aos puntos máis sobresaíntes desta significada parte da costa galega.