Ruta: Río Castro-Naraío
Fervenzas do río Castro
Unha pequena no concello de San Sadurniño para coñecer o castelo de Naraío e as fervenzas do río Castro.
O río Castro é un afluente do Grande de Xubia (ría de Ferrol) que nace na serra do Forgoselo. Na zona de Naraío (San Sadurniño) ten unha sucesión de rápidos e fervenzas e discorre por un estreito canón aproveitado por unha minicentral eléctrica.
O castelo de Naraío foi construído no século XIV e destruído na revolta irmandiña. Reconstruído máis adiante, na actualidade está abandoado. Consérvanse a torre do homenaxe, a porta principal que mira ao leste e restos do edificio poligonal que pechaba o patio. Desde el hai unhas fermosas vistas da comarca.