Ruta: Fisterra
Un percorrido pola península de Fisterra
Unha ruta circular a pé na península de Fisterra para gozar das impresionantes vistas do “fin da terra”, nun lugar cheo de simbolismo, lendas e tradicións. Desde o cume do Facho podemos contemplar a enseada de Fisterra, o monte Pindo e a costa ata o monte Louro e máis alá, se está bo tempo. Cara ao norte vese o cabo da Nave.