Ruta: Cabo Udra
Un percorrido polo LIC Cabo Udra no concello de Bueu.
Unha ruta a pé pola península de Cabo Udra, situada no extremo Noroeste da Península do Morrazo, no concello de Bueu entre as rías de Pontevedra e Aldán e fronte aos arquipélagos de Ons e Cíes. Este espazo forma parte da Rede Natura 2000 (LIC Cabo Udra). No paseo podemos gozar de fermosas vistas da costa, formación graníticas, elementos etnográficos (chozos, salgazóns) e unha gran biodiversidade. Tamén se pode completar cunha xornada nalgunha das praias (Pedrón, Mourisca ou Ancoradoiro).