Ruta: A Guarda-Camposancos
Un percorrido desde A Guarda á Pasaxe
Camiño de complementarios e contrastes entre a costa exposta á forza do mar e o vento na que as rochas son as protagonistas e a calma do esteiro onde o río Miño, antes de saír ao mar, deposita grandes cantidades de sedimentos cos que formou os extensos areais ao abrigo do monte e dos piñeiros. Unha área na que podemos atopar ecosistemas e hábitats moi diferentes dun alto valor ecolóxico: esteiro, xunqueiras, praias, dunas, piñeirais e rochedos. Parte deste espazo está incluído na área protexida como LIC e ZEPA “Baixo Miño”.