Exposición. As mareas negras (12)
A recuperación despois das mareas negras
Unha vez rematada a marea negra hai que proceder á recuperación do medio ambiente e dos sectores sociais e económicos afectados por ela, que en moitos casos quedan danados de forma irreversible ou tardan moitos anos en recuperarse. Esta tarefa, aínda que en moitos casos é a menos visible, é en realidade a máis importante, a máis custosa e a máis lenta. É imprescindible devolverlle a calidade ao ambiente e o medio de vida ás persoas.