Transferencias de enerxía
Dúas formas de aproveitar enerxía procedente do Sol
Cantos máis pasos se den máis costoso resulta o aproveitamento enerxético e máis perdas se producen.
1) A enerxía de fusión do Sol emitida en forma de radiación electromagnética (luz) incide sobre o panel fotovoltaico e produce corrente eléctrica que alimenta o televisor (E. nuclear ® E. electromagnética® E. eléctrica® E. luminosa - E. calorífica – E. sonora).
2: A luz solar é utilizada polas plantas para facer a fotosíntese. As plantas almacénana en forma de biomasa que co paso do tempo formou carbón. A central térmica queima carbón para producir vapor que move unha turbina dun xerador de corrente eléctrica que alimenta o televisor (E. nuclear ® E. electromagnética ® E. química ® E. calorífica ® E. mecánica ® E. eléctrica ® E. luminosa - E. calorífica – E. sonora).