Ruta Parque Natural Baixa Limia-Xurés: Corga da Fecha
                        
                        
                        Fervenza Corga da Fecha
Unha ruta no Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, no concello de Lobios, que combina arte e historia co ascenso á máis espectacular fervenza do Xurés. 
O  regato da Fecha, afluente do río Caldo pola dereita, cae en varios saltos cun total de 200 m de altura en rochas graníticas rodeadas de erbedos.
 
Nas proximidades están os restos da vila termal de Lobios.