Soutomaior, a costa
Litoral do concello de Soutomaior
A costa de Soutomaior é abrigada, baixa, recortada e rochosa; de augas pouco profundas na que quedan grandes áreas ao descuberto coa marea baixa que son lugares de cría para diferentes clases de moluscos e zonas de abrigo e descanso para moitas aves acuáticas e limícolas.