Benvidos á miña páxina web

Esta páxina está pensada para recoller o meu traballo de case corenta anos e poñelo a disposición das persoas que poidan estar interesadas. Viaxes, rutas, experiencias, investigacións, traballos didácticos, con Galiza como eixo temático e, ocasionalmente, outros lugares e países.

Tento combinar traballos onde relato as miñas impresións e experiencias sobre os moitos lugares visitados, á vez que amosar a riqueza e a variedade do grande e a inapreciable calidade do próximo, do pequeno e do cotián que podemos atopar neste noso país.

Este traballo débelle moito a todas as persoas, empresas e institucións que fun buscando ou atopando nos moitos percorridos realizados e á información que outras persoas puxeron na rede. E, sobre todo, aos colaboradores e colaboradoras cos que compartín proxectos.